O Pequeno Deserto Areoso sitúase no territorio de Australia Occidental, ao sur do Gran Deserto Areoso e ao oeste do Deserto de Gibson. De feito, é denominado así pola súa proximidade e a súa similitude co Gran Deserto Areoso, aínda que é moito menor en superficie. Tanto os seus relevos, como a súa fauna e flora, son todas similares ao Gran Deserto Areoso. Ambos os desertos son cruzados pola estrada Canning Stock.
O Pequeno Deserto Areoso pertence a unha das rexións IBRA (Interim Biogeographic Regionalisation for Australia) de Australia Occidental.