Pepita Tudó ou Josefina Tudó y Catalán, nada contra 1785 e finada en Madrid en 1869, foi unha condesa española, coñecida por ser modelo de Francisco de Goya en dous famosos cadros.
Traxectoria
Pepita Tudó, orfa dun artilleiro gaditano, viviu desde os 16 anos xunto coa súa nai Catalina e as súas irmás Magdalena e Socorro na casa de Manuel Godoy, á que acudiu a súa nai reclamando os pagos atrasados de viuvez. Pepita foi amante de Manuel Godoy xa cara a 1800, pero a raíña obrigou a este a que contraese matrimonio coa princesa María Teresa de Borbón (matrimonio por outra banda moi favorable a Godoy no socioeconómico). En 1828 ao falecer María Teresa de Borbón puideron oficialmente contraer nupcias Pepita Tudó e Manuel Godoy, aínda que se considera que contraeran anos antes un matrimonio secreto. En 1805 nace, o primeiro fillo de ambos, Manuel, e en 1807 Luís.
En 1807, a instancias do influente Godoy, Carlos IV concedeulle a Josefina Tudó o título de condesa de Castillo Fiel e vicecondesa de Rocafuerte.
O dramaturgo, tamén español, Ceferino Palencia escribiu a novela Pepita Tudó obviamente inspirándose na biografiada no artigo presente. Aínda que quizais o máis interesante de Josefina Tudó é que, con altísimas probabilidades é ela a retratada nos xustamente soados cadros de Goya: La maja vestida e La maja desnuda.