Pepe Rodríguez Vázquez

Modelo:BiografíaPepe Rodríguez Vázquez
Biografía
Nacementoagosto de 1889 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte1972 Editar o valor en Wikidata (82/83 anos)
Melipilla, Chile Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro centro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1907–1908 Vigo Foot-ball Club
1908–1910 Real Club Fortuna de Vigo
1910–1912   FC Barcelona
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Cataluña

José Rodríguez Vázquez, máis coñecido como Pepe Rodríguez, nado en Vigo o 20 de agosto de 1889 e finado en Melipilla (Chile) en 1972, foi un futbolista galego, que xogaba como dianteiro. Militou no Vigo FC, no Fortuna de Vigo e no FC Barcelona, e conquistou con este último dúas Copas do Rei, dúas Copas dos Pireneos e dous Campionato de Cataluña, sendo unha peza fundamental cos seus goles en catro das finais.

En 1912 formou parte do primeiro partido internacional recoñecido pola FIFA da selección catalá.

Traxectoria

Nado en Vigo, comezou a súa carreira en 1907 no Vigo FC da súa cidade natal e foi titular na final da Copa do Rei de 1908 na que o seu equipo caeu derrotado por 1-2 ante o Madrid FC.[1] A continuación xogou dúas campañas no Fortuna de Vigo, onde destacou polo seu instinto goleador. En 1910 pasou ao FC Barcelona, co que debutou o 1 de maio de 1910, na final da Copa dos Pireneos, marcando o gol da vitoria contra a Real Sociedad.[2]

Foi membro do histórico equipo do Barcelona de principios da década de 1910, xunto a xogadores como Francisco Bru, Alfredo Massana, Enrique Peris, Carles Comamala e Charles Wallace, e xunto con eles gañou dous títulos máis da Copa dos Pireneos, en 1911 e 1912. No último deles volveu marcar na final, desta vez ante o Stade Bordelais.[3] Conquistou ademais dous títulos da Copa do Rei, nos anos 1910 e 1912, anotando gol en ámbalas dúas finais, a primeira delas contra o Español de Madrid e a segunda contra a Sociedad Gimnástica.[4]

Xogou no Barcelona ata 1912, marcando 59 goles en 62 partidos e gañando ademais dos citados títulos, tamén dous Campionatos de Cataluña. Posteriormente emigrou á Arxentina e en Buenos Aires coñeceu á que sería a súa muller e nai da súa única filla.[5] En 1922 instalouse definitivamente en Chile. Fundou un club de tenis en Melipilla, cidade na que viviu ata a súa morte en 1972.[5]

En 2008, o seu neto Jaime Gutiérrez Rodríguez púxose en contacto co FC Barcelona para doar ao museo deste unha camiseta do xogador da súa época no club catalán.[5] Esta peza é a camiseta do FC Barcelona máis antiga que se conserva.[6]

Selección catalá

Como moitos outros xogadores do FC Barcelona da súa época, xogou na selección catalá, e foi un dos once futbolistas que disputaron o primeiro partido internacional recoñecido FIFA desta selección, un amigable contra Francia que acabou cunha derrota por 0-7.[7]

Notas

  1. "Spain - Cup 1908". rsssf.org (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2024. 
  2. "Challenge International du Sud de la France ("Coupe des Pyrenées - Copa Pirineos")". rsssf.org (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2024. 
  3. "Third edition (1912)". rsssf.org (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2024. 
  4. "Spain - Cup 1912". rsssf.org (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "EL BARÇA LOGRA UN TESORO CENTENARIO: EL LEGADO DEL BLAUGRANA JOSÉ RODRÍGUEZ VÁSQUEZ" (en castelán). 12 de abril de 2009. Consultado o 19 de decembro de 2024. 
  6. "La primera camiseta del Barça, en manos del club 125 años después". Mundo Deportivo (en castelán). 29 de novembro de 2024. Consultado o 19 de decembro de 2024. 
  7. "Footballerias". Mundo Deportivo (en castelán). 22 de febreiro de 1912. Consultado o 19 de decembro de 2024.