Situado a 222 msnm o concello ocupa unha extensión de 6,36 km², dos que 6,22 km² son de terra e 0,15 km² de auga.[1]
No ano 2010 tiña unha poboación de 5 159 habitantes que, segundo censo de 2019 diminuíra até os 5 056,[2] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 792,25 hab./km².
Historia
A primeira casa construída en Penn Yan levantouse en 1799. Cando o condado de Yates foi creado en 1823 a poboación converteuse na sede do condado.
Os primeiros colonos foron principalmente membros da Society of Universal Friends (Sociedade de Amigos Universais), un grupo relixioso liderado por unha predicadora cuáquera coñecida como "O amigo público universal" (Jemima Wilkinson),[3] unha relixiosa entusiasta nacida en Cumberland, Rhode Island, quen afirmaba que recibira un encargo divino. Tras predicar en Rhode Island, Connecticut, Massachusetts e Pensilvania recibiu unha grande extensión de terreo, á que chamou Jerusalem en 1789, no que posteriormente sería o condado de Yates. En 1788 fundou a poboación de Hopeton as beiras do lago Keuka, a unha distancia dun quilómetro e medio do lago Seneca. Alí se estableceron un gran número de seguidores.
En 1790 Wilkinson estableceuse na poboación, pero antes de 1800 un gran número de seguidores a abandonaron e a comunidade foise disolvendo gradualmente.
Dise que o nome da poboación de Penn Yan vén das primeiras sílabas de "Pennsylvania" e "Yankee", xa que a maioría dos seus primeiros habitantes proviñan de Pensilvania e Nova Inglaterra.
↑Peg A. Lamphier & Rosanne Welch (2017): Women in American History. A Social, Political, and Cultural Encyclopedia and Document Collection. Volume 1. ISBN 978-1-6106-9602-9.