O peiote[2] (Lophophora williamsii) é un pequeno cacto sen espiñas nativo da rexión que se estende entre o suroeste dos Estados Unidos de América ata o centro de México.
Contén numerosos alcaloides, entre eles a mescalina, un poderoso alucinóxeno. Tódalas especies de Lophophora son de crecemento extremadamente lento, a miúdo tardan máis de 30 anos en alcanzar a idade de floración (o tamaño dunha pelota de golf, sen incluír a raíz). Os espécimes cultivados crecen a maior velocidade, normalmente tardan entre 6 e 10 anos en alcanzar a madurez. Debido a este lento crecemento e á sobreexplotación a que está suxeito, considérase en perigo de extinción.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos