Peg Entwistle, nada en Port Talbot o 5 de febreiro de 1908 e finada en Hollywood o 16 de setembro de 1932,[1] foi unha actriz de teatro galesa e, por un curto período de tempo, actriz de Hollywood, que alcanzou notoriedade tras o seu suicidio, que fixo saltando do letreiro de Hollywood.
Traxectoria
Peg Entwistle, cuxo nome verdadeiro era Millicent Lilian Entwistle, foi criada en West Kensington, Londres. Máis tarde, adoptou "Peg" como pseudónimo e proseguiu con el durante o resto da súa vida. Cando aínda era unha rapaza nova, en marzo do ano de 1916, Entwistle abandonou Liverpool e foise para América, acompañada de seu pai (Robert), tío (Charles Harold), e esposas de ambos, Lauretta e Jane, a bordo do SS Philadelphia. Despois do seu pai ser morto nun accidente no ano de 1922, Entwistle e os seus dous medio-irmáns foron criados polo tío, Charles Entwistle.
Defunción
No día 16 de setembro de 1932 Peg Entwistle chimpou da letra "H" do famoso cartel de Hollywood (naquela época era aínda "Hollywoodland"). O seu corpo rolou metros e metros no barranco, até ser encontrado dous días despois. Un detective e dous oficiais encontraron o corpo dunha muller nova loura, con ollos azuis, que estaba moderadamente ben vestida. Non foi identificada até seu tío relacionar a descrición dada do corpo coas iniciais "P.E." na nota de suicidio. A causa da súa morte foi listada polo médico forense como "múltiples fracturas de pelve".
A nota de suicidio de Peg Entwistle di:
I am afraid, I am a coward. I am sorry for everything. If I had done this a long time ago, it would have saved a lot of pain. P.E.
Teño medo, son unha covarde. Síntoo moito por todo. Se fixese isto hai tempo, aforraría moita dor. P.E.
O seu funeral celebrouse en Hollywood e o corpo foi cremado. As súas cinzas foron enviadas despois para Glendale, Ohio, para ser enterrado preto de seu pai, no "Cemiterio Oak Hill". As súas cinzas foron enterradas no día 5 de xaneiro de 1933.
Notas
- ↑ Como é explicado no artigo, Entwistle certamente morreu na noite de 16 de setembro de 1932, mais o seu corpo foi encontrado dous días despois, sendo, así, a súa morte listada -no atestado de óbito- como 18 de setembro de 1932.
Véxase tamén
Ligazóns externas