Pedro Sáinz de Andino, nado en Alcalá de los Gazules (Cádiz) en 1786 e finado en Madrid en 1863, foi un xurista español.[1]
Traxectoria
Pedro Sáinz de Andino educouse no Seminario Conciliar de San Bartolomé en Sevilla, en cuxa Universidade gradouse de bacharel de Leis e logo se doutora. Ocupou a cátedra de Partidas da Universidade e logo foi claustral.
Durante a Guerra da Independencia non apoia a Lista para crear un exército patriota, mostrando Sáinz de Andino unha ideoloxía afrancesada.
Exerceu o cargo de promotor fiscal nas localidades de Tarrasa (Barcelona) e Tortosa (Tarragona). Escribiu un proxecto de Código de Comercio, o cal foi promulgado en 1829 e se mantivo en vigor ata a aprobación do Código de Comercio de 1885 e unha lei de axuizamento criminal, sancionada en 1830. A esta época pertencen obras como "Elementos de elocuencia forense" e "Dos ministros sobre o curso que debe darse ao xuízo de purificacións".[1]
No 1829 foi nomeado fiscal do Consello de Facenda e en 1830 Ministro do Consello e Cámara de Castela e membro da Xunta de Lotarías. Ese ano recibiu a Gran Cruz da Orde de Carlos III e en 1848 a da Orde de Isabel a Católica. En 1848 foi nomeado membro de honra da Real Academia da Historia.
Trala morte de Fernando VII de España en 1834 declarouse no bando isabelino. En 1847 foi nomeado senador vitalicio.[2]
Notas