Pedro Robles Aguilar, nado en Murcia o 4 de xullo de 1944, foi un futbolista español que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria
Comezou a carreira profesional xogando en Segunda División co RCD Mallorca, equipo co que acadou o ascenso a Primeira, militando no equipo ata o final da tempada 1969/70 cando fichou polo Celta de Vigo tras o descenso do equipo balear.
En 1970 chega a Vigo ao igual que o gardameta Gost. Porén Robles non contaría coa confianza do técnico do Celta, Juan Arza, chegando a non disputar un só encontro ante a gran competencia nun equipo que se clasificou por primeira vez na súa historia para a competición da Copa da UEFA.
Militando no Celta protagonizou un triste incidente o 9 de maio de 1971 no Trofeo Ano Santo Compostelán disputado ante o SD Compostela no Campo Municipal de Santa Isabel, cando Robles e Castro agrediron afeccionados do Compos e remataron na comisaría.
Ao final do seu segundo ano en Vigo foise cedido ao UP Langreo e despois ao Gimnàstic de Tarragona despois de rescindir o contrato co Celta, onde militaría catro tempadas en Segunda División.