Antonio Rivas Sánchez, nado en Ceuta, é un exfutbolista que xogaba na demarcación de defensa central.
Traxectoria
Comezou a xogar na Agrupación Deportiva Ceuta de onde pasou ao Real Valladolid. Na tempada 1970/71 ficha polo Celta de Vigo. Xoga en Vigo seis tempadas, cinco delas en Primeira División, chegando a ser capitán do equipo.
Na tempada 1971/72 participou na primeira eliminatoria da Copa da UEFA, primeira participación europea do equipo.
O seu último ano en Vigo o equipo recuperou a categoría despois do descenso da tempada anterior tras 19 xornadas invicto. Despois fichou polo Algeciras CF, con quen logrou o ascenso a Segunda División na tempada 1977/78.
Pouco despois retirouse do fútbol.