Fillo de Daniel Humire Carrasco e Jesusa Loredo Gómez, foi o menor de 9 irmáns. Estudou lingüística e literatura na Universidade de Santiago de Chile e traballou como mestre rural. É autor de varios libros de poesía como Parinacota, Sukurumampi Piñalulina e Relatos tradicionales aymaras. Polo seu apoio ao goberno de Unidade Popular de Salvador Allende, pasou un ano detido como preso político ao comezo da ditadura de Augusto Pinochet[1]. Gañou varios premios universitarios e nacionais de poesía e canción indíxena, e Logrou dúas veces o premio de poesía indíxena de Chile, versión aimará, en 1999 con "Aka jach’ a Pampa" mais en 2002 con "Uma". A súa obra apareceu tamén en varias escolmas como Antología de la Poesía del Norte en 1966 ou Antología de tres escritores aymaras de la Región Arica-Parinacota, Chile en 2014. Tamén estudou a vitalidade da lingua aimará no norte de Chile e publicou en 1986 artigo "Influencia de la cultura occidental en la desaparición de la lengua aymara en el norte de Chile",[2]