Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Sarmiento .
Non se debe confundir con: Pedro Sarmiento , dirixente da revolta anticonversa de Toledo de 1449 ou Pedro Sarmiento de Gamboa , navegante e historiador do século XVI.
Pedro Gómez Sarmiento y de Ulloa , nado en Ribadeo en 1478 e finado en Lucca (Italia ) o 31 de outubro de 1541 , foi un cardeal galego .
Traxectoria
Fillo de María de Ulloa e neto de Pedro de Villandrando , Conde de Ribadeo . Foi bispo das dioceses de Tui (1524 ),[ 1] Badaxoz , Palencia , (1525 -1534 ), e arcebispo de Santiago de Compostela , (1534-1541 ). Foi nomeado cardeal polo papa Paulo III o 18 de outubro de 1538 , durante o reinado de Carlos I . En Roma usaba o pazo do cardeal Altemps, sede de cardeais españois na Roma renacentista , que ostentaban a denominación cardinalicia de Santiago.
"Episcopológio tudense" publicado por Galicia Diplomática en 1892 .
Irmán de Alonso Sarmiento (prior de Aracena , Huelva ), a monxa María Sarmiento e de Ana Sarmiento, esposa de Alonso de Aragón, Conde de Ribagorza e Duque de Villahermosa .
Notas
Véxase tamén
Bibliografía