Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
A paxilina (en inglés paxilline) é un alcaloideindólicoditerpénico tóxico tremorxénico[1][2] que actúa como bloqueador das canles de potasio. O organismo que produce esta micotoxina e de onde vén o nome do composto é o fungo Penicillium paxilli.[3] Un grupo de 17 xenes (cluster Pax) localizado no cromosoma Va desta especie codifica os encimas encargados da síntese da paxilina.[4] A paxilina é moi tóxica se é inxerida, inhalada ou absorbida pola pel, xa que pode danar os ollos e funciona como unha potente neurotoxina.[3]
Notas
↑Tremorxénico = A intoxicación por este composto causa tremores.
↑Richard J. Cole, Jerry W. Kirksey, John M. Wells. A new tremorgenic metabolite from Penicillium paxilli. Canadian Journal of Microbiology, 1974, 20(8): 1159-1162, 10.1139/m74-179. [1]
↑Carolyn Young, Lisa McMillan, Emily Telfer and Barry Scott. Molecular cloning and genetic analysis of an indole-diterpene gene cluster from Penicillium paxilli. Molecular Microbiology. Volume 39, Issue 3, pages 754–764, February 2001. [2]