Patrice Lacombe, nado en Oka o 20 de febreiro de 1807 e finado en Montreal o 6 de xullo de 1863, foi un escritor e notario quebequés. A súa novela máis importante é A terra paterna[1] (La Terre paternelle).
Traxectoria
Estudou no instituto de Montreal de 1816 a 1825, onde destaca nas materias de linguas francesa e latina. Converteuse en notario en 1830, traballou ao servizo dos sulpucianos, ao levar a cabo o censo das súas propiedades. En 1835, casou con Léocadie Boucher, coa que non tivo fillo ningún.
En 1846, Lacombe publicou no Album littéraire de la Revue canadienne, a novela intitulada La Terre paternelle, pioneira do xénero literario denominado en francés roman du terroir, algo así como a novela agrícola canadense. Esta obra, que coñeceu diversas edicións, foi incluída en 1848 no denominado Répertoire national realizado por James Huston, unha antoloxía coa máis salientable literatura canadense do momento.
O crítico Maurice Lemire, no Dictionnaire biographique du Canada puxo en valor que Lacombe imitase o estilo dos grandes narradores franceses, como Honoré de Balzac ou Eugène Sue[2].
Notas
Véxase tamén
Bibliografía