O Partido Socialista Laborista de América (Socialist Labor Party of America, SLP) é un partido marxista dos Estados Unidos. O seu órgano de expresión é o bimensual The People.
Historia e características
Fundouse en 1876 como o Partido dos Traballadores de América (Workingmen's Party of America), constituíndo o segundo partido socialista máis antigo do mundo; en 1877 cambiou o seu nome ao actual. En 1881 o sector anarquista deixou o partido.
En 1892 o SLP participou por vez primeira nas eleccións á presidencia, e conseguiu 21.163 votos. Durante a primeira época a maioría dos seus membros eran traballadores de procedencia europea. En 1890 accedeu á dirección do SLP, Daniel De Leon e o partido desenvolveu unha forma de marxismo coñecida como DeLeonismo que aínda profesa na actualidade o partido. Os opoñentes de De Leon deixaron o SLP en 1901 e xunto co Partido Social Democrático fundaron o Partido Socialista de América.
Tradicionalmente crítico tanto coa Unión Soviética como co reformismo socialista, o SLP estivo illado do resto da esquerda americana. En 1944 o seu candidato presidencial conseguiu 45.226 votos pero caeu no comezo da guerra fría. Dirixido por Eric Hass conseguiu recuperar ata chegar a 47.522 votos nas eleccións presidencias de 1952. A última vez que se presentou ás eleccións presidenciais foi en 1976 conseguindo 9.566 votos.