O Partido Comunista de Bulgaria foi un partido político búlgaro de ideoloxía marxista-leninista[1] que gobernou a República Popular de Bulgaria en carácter de partido único entre 1946 e 1990, cando se renomeou a si mesmo como Partido Socialista Búlgaro.[2]
Dende 1954 ata 1989, dirixiu o partido Todor Zhivkov, un gran defensor da Unión Soviética que mantivo estreitas relacións con ese país durante o mandato de Leonid Brezhnev. O seu goberno logrou unha relativa estabilidade política e un aumento nos niveis de vida.[3]
No ámbito das Revolucións de 1989, Zhivkov presentou a súa dimisión, sendo substituído por Petar Mladenov.[4] O partido adoptou unha posición máis moderada, abandonando o marxismo-leninismo en 1990 e renomeándose como Partido Socialista Búlgaro.
Referencias