O termo parroquia tamén designa á igrexa parroquial e ás comunidade de fieis.
Parroquias na Igrexa Católica
Na Igrexa Católica a parroquia é a comunidade de fieis católicos, pertencente a unha Igrexa particular (xeralmente a unha diocese) que está baixo a dirección espiritual dun sacerdote, que se designa como párroco (na linguaxe popular, cura, abade, padre).
En xeral as parroquias defínense por un territorio. É dicir, pertencen á parroquia todos os fieis que habiten dentro dos límites territoriais da parroquia.
Tamén é posíbel establecer parroquias persoais en función do rito, lingua ou nacionalidade dos fieis dun territorio "ou mesmo por outra determinada razón". Así, o canon 813 permite a erección dunha parroquia para estudantes universitarios e algunhas diocese erixiron parroquias para persoas xordas.[1]
O canon 374 establece que as parroquias próximas poden agruparse entre si, para formaren os arciprestados.