Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte
Este artigo ou sección refírese ou está relacionado cun evento futuro. A información deste artigo pode cambiar frecuentemente. Por favor, non agregues datos especulativos e lembra colocar referencias a fontes fiables para dar máis detalles.
O Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte (PAMCM) é un dos catro parques que constitúen o proxecto da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.
Comprenderá a construción dun centro de interpretación e actuacións sobre numerosos enclaves megalíticos distribuídos en 11 concellos da Costa da Morte (Cabana, A Laracha, Carballo, Laxe, Dumbría, Malpica, Mazaricos, Ponteceso, Vimianzo, Zas e Coristanco).