Paramutación

A paramutación observouse por primeira vez no efecto que tiña sobre a cor dos grans de millo

En epixenética unha paramutación é unha interacción entre dous alelos nun só locus, na que un alelo induce un cambio herdable no outro alelo.[1] O cambio pode ser no padrón de metilación do ADN ou modificacións de histonas.[2] O alelo que induce o cambio denomínase paramutaxénico, mentres que o alelo que foi alterado epixeneticamente denomínase paramutable.[1] Un alelo parmutable pode ter niveis alterados de expresión xénica, que poden continuar na descendencia que herda ese alelo, mesmo se o alelo paramutaxénico xa non está presente.[1] Por medio de cruzamentos axeitados, a paramutación pode ter como resultado irmáns que teñen a mesma secuencia xenética, pero con fenotipos drasticamente diferentes.[3]

Aínda que as paramutacións foron estudadas primeiramente no millo, foron descritas tamén noutros sistemas, incluíndo en animais como Drosophila melanogaster e ratos.[1][4] Malia a súa ampla distribución, os exemplos deste fenómeno son máis ben escasos e o seu mecanismo non está ben comprendido.

Historia

A primeira descrición do que acabaría chamándose paramutación dérona William Bateson e Caroline Pellew en 1915, cando describiron os chícharos "rogue" que sempre pasaban o seu fenotipo "rogue" á súa proxenie.[5] Porén, a primeira descrición formal da paramutación deuna R. A. Brink na Universidade de Wisconsin–Madison na década de 1950, trabalando co millo (Zea mays).[5] Brink decatouse de que alelos específicos expresados debilmente do locus red1 (r1) no millo, que codificaban un factor de transcrición que daba pigmento vermello aos grans de millo, podía cambiar herdablemente alelos específicos que se expresaban intensamente a un estado de expresión máis feble.[1] Este estado de expresión máis feble adoptado polo alelo cambiado é herdable e pode, á súa vez, cambiar o estado de expresión doutros alelos activos nun proceso denominado paramutación secundaria.[1] Brink mostrou que a influencia do alelo paramutaxénico podía persistir durante moitas xeracións.[1]

Descrición

Os alelos que causan cambios herdables nos alelos cos que están en contacto chámanse paramutaxénicos, e os alelos modificados por eles son os chamados paramutables. Os alelos que non toman parte nesta interacción denomínanse neutros. Cando están presentes xuntos nun organimso, o alelo paramutable é convertido no alelo paramutaxénico, e conserva a súa paramutaxenicidade nas seguintes xeracións. Esta transformación non vai acompañada de ningún cambio na secuencia de ADN, senón que o que diferenza os alelos paramutaxénicos dos paramutables son modificacións epixenéticas (por exemplo a metilación do ADN). Na maioría dos casos, é o alelo paramutable o que se transcribe intensamente e o alelo paramutaxénico o que presenta pouca ou ningunha transcrición.

O primeiro e máis extensamente estudado exemplo é o locus r1 do millo. O xene deste locus, cando se transcribe activamente, codifica e produce un factor de transcrición que promove a produción de antocianina, que orixina grans de millo de cor púrpura. Un alelo deste locus, denominado B’, pode causar metilación no outro alelo, B-I. Esta metilación ten como resultado unha redución da transcrición e, en consecuencia, unha diminución da produción de antocianina. Estes alelos non se diferencian na secuencia de ADN, senón que difiren no seu grao de metilación do ADN. Igual que con outros exemplos de paramutación, este cambio do alelo B-I ao alelo B’ é estable e herdable. Hai outros exemplos similares de paramutación noutros loci do millo, así como noutras plantas como o sistema modelo Arabidopsis thaliana e nas petunias transxénicas.[6][7][8]

A paramutación tamén se documentou en animais como a mosca do vinagre Drosophila melanogaster, o verme nematodo Caenorhabditis elegans e en mamíferos como o rato.[1][4][9]

Mecanismo

Aínda que os mecanismos específicos polos cales actúan as paramutacións varían dun organismo a outro, todos os casos ben documentados apuntan a que os mecanismos subxacentes son modificacións epixenéticas e silenciamento de ARN.[1]

No caso do locus r1 do millo, a metilación do ADN dunha rexión de repeticións en tándem preto da rexión codificante do xene é característica do alelo paramutaxénico B’, e cando o alelo paramutable B-I se fai paramutaxénico, tamén adquire o mesmo padrón de metilación do ADN.[10] Para que esta metilación sexa transferida con éxito, cómpren varios xeners que codifican ARN polimerases ADN dependentes e outros compoñentes das vías de silenciamento de ARN, o que suxire que a paramutación é mediada por rutas de silenciamento de ARN endóxenas.[1] Isto corrobórase pola transcrición de ARNs interferentes curtos a partir das rexións con repeticións en tándem. En sistemas animais como Drosophila, os ARNs que interaccionan con piwi tamén foron implicados na mediación da paramutación.[4] Para mediar a paramutación, ademais do carcterístico cambio no estado de metilación do ADN, tamén se detectaron en múltiples sistemas cambios nos padróns de modificación de histonas nas rexións do ADN metiladas, e/ou o requirimento de proteínas modificadoras de histonas.[2][9] Suxeriuse que estas modificacións de histonas xogan un papel no mantemento do estado paramutado.[2] A rexión de repeticións en tándem antes mencionada no locus r1 é tamén típica doutos loci que mostran fenómenos de paramutación ou similares á paramutación.[5]

Porén, sinalouse que non se poden explicar todos os casos e características das paramutacións co que se sabe sobre selenciamento transcricional mediado por ARNi, e suxeriuse que deben de estar actuando tamén outras vías ou mecanismos.[7]

Implicacións

Especulouse que en calquera poboación particular, relativamente poucos xenes mostrarían unha paramutación observable, xa que a alta penetrancia xenética de alelos paramutaxénicos (como B’ no locus r1 do millo) levaría ao alelo paramutaxénico ou ben ao alelo paramutable á fixación.[3] Porén, a paramutación noutros loci con alelos paramutaxénicos con menor penetrancia pode persistir, o cal deberían telo en conta na mellora vexetal.[3]

Dado que hai exemplos de paramutación ou de fenómenos similares á paramutación en animais como as moscas do vinagre e os ratos, indicouse que a paramutación pode explicar a aparición dalgunhas doenzas humanas que mostran padrón de herdanza non mendeliana.[11]

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Chandler, Vicki L. (2007-02-23). "Paramutation: From Maize to Mice". Cell (en English) 128 (4): 641–645. ISSN 0092-8674. PMID 17320501. doi:10.1016/j.cell.2007.02.007. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Haring, Max; Bader, Rechien; Louwers, Marieke; Schwabe, Anne; van Driel, Roel; Stam, Maike (2010-08-01). "The role of DNA methylation, nucleosome occupancy and histone modifications in paramutation". The Plant Journal (en inglés) 63 (3): 366–378. ISSN 1365-313X. PMID 20444233. doi:10.1111/j.1365-313X.2010.04245.x. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Springer, Nathan M.; McGinnis, Karen M. (2015-08-01). "Paramutation in evolution, population genetics and breeding". Seminars in Cell & Developmental Biology. Paramutation & Pax Transcription Factors 44: 33–38. PMID 26325077. doi:10.1016/j.semcdb.2015.08.010. 
  4. 4,0 4,1 4,2 de Vanssay, Augustin; Bougé, Anne-Laure; Boivin, Antoine; Hermant, Catherine; Teysset, Laure; Delmarre, Valérie; Antoniewski, Christophe; Ronsseray, Stéphane (2012). "Paramutation in Drosophila linked to emergence of a piRNA-producing locus". Nature 490 (7418): 112–115. Bibcode:2012Natur.490..112D. PMID 22922650. doi:10.1038/nature11416. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Stam, Maike; Scheid, Ortrun Mittelsten (2005-06-01). "Paramutation: an encounter leaving a lasting impression". Trends in Plant Science (en English) 10 (6): 283–290. ISSN 1360-1385. PMID 15949762. doi:10.1016/j.tplants.2005.04.009. 
  6. Zheng, Zhimin; Yu, Hasi; Miki, Daisuke; Jin, Dan; Zhang, Qingzhu; Ren, Zhonghai; Gong, Zhizhong; Zhang, Heng; Zhu, Jian-Kang (2015-05-26). "Involvement of Multiple Gene-Silencing Pathways in a Paramutation-like Phenomenon in Arabidopsis". Cell Reports (en English) 11 (8): 1160–1167. ISSN 2211-1247. PMC 4484736. PMID 25981044. doi:10.1016/j.celrep.2015.04.034. 
  7. 7,0 7,1 Arteaga-Vazquez, Mario Alberto; Chandler, Vicki Lynn (2010). "Paramutation in maize: RNA mediated trans-generational gene silencing". Current Opinion in Genetics & Development 20 (2): 156–163. PMC 2859986. PMID 20153628. doi:10.1016/j.gde.2010.01.008. 
  8. Meyer, Peter; Heidmann, Iris; Niedenhof, Ingrid (1993-07-01). "Differences in DNA-methylation are associated with a paramutation phenomenon in transgenic petunia". The Plant Journal (en inglés) 4 (1): 89–100. ISSN 1365-313X. PMID 8220478. doi:10.1046/j.1365-313X.1993.04010089.x. 
  9. 9,0 9,1 Sapetschnig, Alexandra; Sarkies, Peter; Lehrbach, Nicolas J.; Miska, Eric A. (2015-03-26). "Tertiary siRNAs Mediate Paramutation in C . elegans". PLOS Genet 11 (3): e1005078. ISSN 1553-7404. PMC 4374809. PMID 25811365. doi:10.1371/journal.pgen.1005078. 
  10. Belele, Christiane L.; Sidorenko, Lyudmila; Stam, Maike; Bader, Rechien; Arteaga-Vazquez, Mario A.; Chandler, Vicki L. (2013-10-17). "Specific Tandem Repeats Are Sufficient for Paramutation-Induced Trans-Generational Silencing". PLOS Genetics 9 (10): e1003773. ISSN 1553-7404. PMC 3798267. PMID 24146624. doi:10.1371/journal.pgen.1003773. 
  11. Rassoulzadegan, Minoo; Cuzin, François (2015-08-01). "From paramutation to human disease: RNA-mediated heredity". Seminars in Cell & Developmental Biology. Paramutation & Pax Transcription Factors 44: 47–50. PMID 26335266. doi:10.1016/j.semcdb.2015.08.007. 

Read other articles:

Hideo Hashimoto Informasi pribadiNama lengkap Hideo HashimotoTanggal lahir 21 Mei 1979 (umur 44)Tempat lahir Prefektur Osaka, JepangPosisi bermain GelandangInformasi klubKlub saat ini Vissel KobeNomor 27Karier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)1998-2011 Gamba Osaka 2012- Vissel Kobe Tim nasional2007-2010 Jepang 15 (0) * Penampilan dan gol di klub senior hanya dihitung dari liga domestik Hideo Hashimoto (lahir 21 Mei 1979) adalah pemain sepak bola asal Jepang. Statistik Jepang Tahun Tampil Go...

 

Peta lokasi Lambang Kåfjord (bahasa Sami: Gáivuotna) ialah sebuah kotamadya di provinsi Troms di bagian timur Lyngenfjorden. Di utara dan di timur berbatasan dengan Nordreisa, di selatan dengan Storfjord, dan di barat dengan Lyngen. Kåfjord berbatasan dengan Finlandia di tenggara. Kåfjord juga sebuah fjord di Alta. Artikel bertopik geografi atau tempat Norwegia ini adalah sebuah rintisan. Anda dapat membantu Wikipedia dengan mengembangkannya.lbs

 

Type of vaccine mRNA in vitro transcription, innate and adaptive immunity activation An mRNA vaccine is a type of vaccine that uses a copy of a molecule called messenger RNA (mRNA) to produce an immune response.[1] The vaccine delivers molecules of antigen-encoding mRNA into immune cells, which use the designed mRNA as a blueprint to build foreign protein that would normally be produced by a pathogen (such as a virus) or by a cancer cell. These protein molecules stimulate an adaptive ...

  لمعانٍ أخرى، طالع مونتيسيلو (توضيح). مونتيسيلوMonticello (بالإنجليزية) الشعارمعلومات عامةنوع المبنى مزرعة واسعة المنطقة الإدارية مقاطعة ألبمارل البلد  الولايات المتحدة[1] الملاك توماس جفرسون Thomas Jefferson Foundation (en) (1923 – )Uriah P. Levy (en) (1834 – 1862)جيفرسون مونرو لافي (1879 – 1923) ا...

 

This article does not cite any sources. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: The Hit List Unwritten Law album – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (June 2019) (Learn how and when to remove this template message) 2007 greatest hits album by Unwritten LawThe Hit ListGreatest hits album by Unwritten LawReleasedJanuary 2, 2007Recorded20...

 

PT Kawasan Industri MedanJenisPerseroan terbatasIndustriKawasan industriDidirikan7 Oktober 1988; 35 tahun lalu (1988-10-07)KantorpusatDeli Serdang, IndonesiaWilayah operasiIndonesiaTokohkunciNgurah Wirawan[1](Direktur Utama)Muhyan Tambuse[1](Komisaris Utama)JasaPenyewaan dan penjualan lahan dan bangunanPergudanganDepo peti kemasPusat Logistik BerikatPenyediaan air bersihPengolahan limbahPengembangan fasilitas pendukungPendapatanRp 200,487 milyar (2020)[2]Laba bers...

Ídolos Brazil Ídolos Brazil Finalis(Beserta tanggal tereliminasi) Musim Pertama (2006) Leandro Lopes Juara Lucas Poletto 27 Juli Osnir Alves 20 Juli Vanessa Oliveira 13 Juli Paulo Neto 6 Juli Angel Duarte 29 Juni Giovana Félix 22 Juni Davison Batista 15 Juni Thais Moreira 8 Juni Pollyana Papel 1 Juni Musim Kedua (2007) Thaeme Mariôto Juara Shirley Carvalho 16 Agustus Lenny Bellard 9 Agustus Tiago Faria 2 Agustus Davi Lins 26 Juli Naiara Terra 19 Juli Karine Rodrigues 12 Juli Dan Barros 5...

 

Si ce bandeau n'est plus pertinent, retirez-le. Cliquez ici pour en savoir plus. Cet article ne cite pas suffisamment ses sources (janvier 2022). Si vous disposez d'ouvrages ou d'articles de référence ou si vous connaissez des sites web de qualité traitant du thème abordé ici, merci de compléter l'article en donnant les références utiles à sa vérifiabilité et en les liant à la section « Notes et références ». En pratique : Quelles sources sont attendues ? C...

 

Necydalis major Klasifikasi ilmiah Kerajaan: Animalia Filum: Arthropoda Kelas: Insecta Ordo: Coleoptera Famili: Cerambycidae Genus: Necydalis Spesies: Necydalis major Necydalis major adalah spesies kumbang tanduk panjang yang tergolong famili Cerambycidae. Spesies ini juga merupakan bagian dari genus Necydalis, ordo Coleoptera, kelas Insecta, filum Arthropoda, dan kingdom Animalia. Larva kumbang ini biasanya mengebor ke dalam kayu dan dapat menyebabkan kerusakan pada batang kayu hidup atau k...

William Morris design for Trellis wallpaper, 1862 Gerakan seni dan kriya (Inggris: arts and crafts movement) adalah suatu gerakan pada akhir masa revolusi industri yang mementingkan tekad kerja dan keindahan. Penganutnya menolak estetika yang dihasilkan produksi secara massal, yang dianggap sebab utama hilangnya keindahan individual. Art and craft movement memberikan kesan kembali ke seni gotik, rokoko, dan renaisans. Salah satu ciri utamanya adalah karya seni dibuat secara individu oleh ...

 

Aignycomune Aigny – Veduta LocalizzazioneStato Francia RegioneGrand Est Dipartimento Marna ArrondissementChâlons-en-Champagne CantoneChâlons-en-Champagne-2 TerritorioCoordinate49°02′N 4°13′E / 49.033333°N 4.216667°E49.033333; 4.216667 (Aigny)Coordinate: 49°02′N 4°13′E / 49.033333°N 4.216667°E49.033333; 4.216667 (Aigny) Superficie11,29 km² Abitanti239[1] (2009) Densità21,17 ab./km² Altre informazioniCod. postale5...

 

この記事は検証可能な参考文献や出典が全く示されていないか、不十分です。出典を追加して記事の信頼性向上にご協力ください。(このテンプレートの使い方)出典検索?: コルク – ニュース · 書籍 · スカラー · CiNii · J-STAGE · NDL · dlib.jp · ジャパンサーチ · TWL(2017年4月) コルクを打ち抜いて作った瓶の栓 コルク(木栓、�...

马来亚大学University of Malaya(英語)Universiti Malaya(馬來語)老校名七州府医学堂、爱德华七世医学院、莱佛士学院校训Knowledge is the Source of Progress(英語)Ilmu Punca Kemajuan(馬來語)校訓中譯「知识乃成功之本」创办时间1905年9月28日,​118年前​(1905-09-28)[1][2]学校类型国立综合研究型大学捐贈基金$385 million(2017年8月)校监Sultan Nazrin Muizzuddin Shah ibni Almar...

 

2016年美國總統選舉 ← 2012 2016年11月8日 2020 → 538個選舉人團席位獲勝需270票民意調查投票率55.7%[1][2] ▲ 0.8 %   获提名人 唐納·川普 希拉莉·克林頓 政党 共和黨 民主党 家鄉州 紐約州 紐約州 竞选搭档 迈克·彭斯 蒂姆·凱恩 选举人票 304[3][4][註 1] 227[5] 胜出州/省 30 + 緬-2 20 + DC 民選得票 62,984,828[6] 65,853,514[6]...

 

American politician (born 1940) Althea GarrisonOfficial portrait, circa 1993Member of the Boston City CouncilAt-LargeIn officeJanuary 9, 2019 – January 6, 2020Preceded byAyanna PressleySucceeded byJulia MejiaMember of theMassachusetts House of Representativesfrom the 5th Suffolk DistrictIn office1993–1995Preceded byNelson MercedSucceeded byCharlotte Golar Richie Personal detailsBorn (1940-10-07) October 7, 1940 (age 83)Hahira, GeorgiaNationalityAmericanPolitical partyIndepen...

يفتقر محتوى هذه المقالة إلى الاستشهاد بمصادر. فضلاً، ساهم في تطوير هذه المقالة من خلال إضافة مصادر موثوق بها. أي معلومات غير موثقة يمكن التشكيك بها وإزالتها. (يونيو 2019) الدوري الروسي الممتاز 2017–18 تفاصيل الموسم الدوري الروسي الممتاز  النسخة 26  البلد روسيا  التاريخ بد...

 

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (أكتوبر 2021) تدخل بوليسلاف الأول في أزمة خلافة الحكم في كييف   التاريخ 1018  الموقع كييف روس  تعديل مصدري - تعديل   كان تدخل الحاكم الپولندي بوليسلاف الشجاع في أزم...

 

Kárim Másimov Presidente del Comitato per la Sicurezza Nazionale del KazakistanDurata mandato8 settembre 2016 –5 gennaio 2022 PresidenteNursultan Ábishuly NazarbaevQasym-Jomart Toqaev PredecessoreVladimir Zhumakanov Primo ministro del KazakistanDurata mandato2 aprile 2014 –8 settembre 2016 PresidenteNursultan Ábishuly Nazarbaev PredecessoreSerik Akhmetov SuccessoreBakhytzhan Sagintayev Durata mandato10 gennaio 2007 –24 settembre 2012 Preside...

900s–1200s Bulgar state on the Volga River This article is about the historical country on the Volga. For the ship that sank in the river, see Bulgaria (ship). Not to be confused with Bulgaria. Volga Bulgarialate 9th century–1240sStatusVassals of the Khazars (late 9th century-969)[1]CapitalBolgharBilärCommon languagesBulgarReligion Tengrism, later Sunni Islam (after Almish Iltäbär)GovernmentMonarchyRuler • 9th century Şilki• 10th century Almış, Ahmad,...

 

Superligaen 2014-2015 Competizione Superligaen Sport Calcio Edizione 102ª Organizzatore DBU Date dal 18 luglio 2014al 7 giugno 2015 Luogo  Danimarca Partecipanti 12 Formula And. / Rit. / And. Risultati Vincitore  Midtjylland(1º titolo) Retrocessioni  Vestsjælland Silkeborg Statistiche Miglior marcatore Martin Pušić Mads Hvilsom (16) Cronologia della competizione 2013-2014 2015-2016 Manuale La Superligaen 2014-2015 è stata la 102ª edizione della massima...