O Paralelo 10° N é unha liña xeográfica imaxinaria localizada enriba do Ecuador e debaixo do Trópico de Cáncer e que indica a latitude 10 °N.
Atravesa 3 continentes e 22 países: Guinea, Serra Leoa, Costa do Marfil, Burkina Faso, Ghana, Togo, Benín, Nixeria, Chad, República Centroafricana, Sudán do Sur, Etiopía e Somalia (África); Costa Rica, Colombia e Venezuela, (América);India, Myanmar, Malaisia, Vietnam e Filipinas (Asia).