Paloma Rodríguez Vázquez

Modelo:BiografíaPaloma Rodríguez Vázquez
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de marzo de 2021 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Deputada de España
27 de novembro de 2012 – 27 de outubro de 2015
← Francisco Caamaño

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Actividade
Ocupaciónpolítica, escritora Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor en Wikidata

María Paloma Rodríguez Vázquez, nada en Ferrol o 23 de maio de 1956 e finada na mesma cidade o 15 de marzo de 2021[1], foi unha mestra, psicóloga, escritora e política galega, afiliada ao PSdeG-PSOE.

Traxectoria

Licenciada en psicoloxía, traballou como mestra de ensino infantil[2] nun colexio de Fene[3], pero tamén en Madrid, no Instituto da Muller, e na Xunta de Galicia en áreas de igualdade e muller. Formou parte da candidatura do PSOE ás eleccións de 2011 pola provincia da Coruña, pero non saíu elixida deputada. Porén, logo da dimisión de Francisco Caamaño a finais de 2012 como deputado, accedeu ao Congreso dos Deputados, onde permaneceu case tres anos[4].

Formou parte durante moitos anos da dirección do PSdeG na cidade de Ferrol. Tamén foi presidenta de Alvixe, unha asociación de axuda ás vítimas da violencia de xénero.

Como escritora, publicou varios volumes orientados ao público infantil e xuvenil, onde abordaba temáticas de igualdade de xénero. Estes libros foron escritos a canda Cristina Justo[5].

Obra

  • O país dos mandóns (2009)
  • O segredo de Flora (2010)
  • A urna dos desexos (2010)
  • Canto te quero, profe! (2013)
  • Iriña bailarina (2013)
  • Teño dúas casas (2013)

Notas

  1. Corral, Marta (2021-03-15). "Fallece Paloma Rodríguez: el adiós de una diputada de récord que trazó el camino de la igualdad". Ferrol360 (en castelán). Consultado o 2021-03-15. 
  2. "Pesar en el PSOE de Ferrol por el fallecimiento de Paloma Rodríguez". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-03-15. Consultado o 2021-03-15. 
  3. "Paloma Rodríguez: «Yo predico que las mujeres deben estar en las instituciones»". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-09-16. Consultado o 2021-03-15. 
  4. "María Paloma Rodríguez Vázquez - X Legislatura - Congreso de los Diputados". www.congreso.es. Consultado o 2021-03-15. 
  5. "[Obras de] Rodríguez, Paloma e Justo, Cristina". www.edicionsembora.es (en castelán). Consultado o 2021-03-15.