O Palacio Nacional da Pena foi unha das residencias oficiais dos Reis de Portugal durante o século XIX. Atópase na cidade de Sintra, e foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 1985. No ano 2007 foi incluído na lista das sete marabillas de Portugal por votación popular.
A construción do edificio comezou en 1838 por orde do rei Fernando II sobre as ruínas dun mosteiro que quedara destruído no terremoto de 1755. O palacio mestura estilos arquitectónicos como neogótico, neorenacentista, neoislámico, neomanuelino e colonial.
Véxase tamén
Ligazóns externas