Pak Doo-Ik (en coreano: 박두익), nado en Pyongyang o 17 de decembro de 1943, é un exfutbolista norcoreano.
Carreira
Foi internacional coa selección de Corea do Norte, e representou a esta no Mundial de 1966 en Inglaterra, marcando o gol contra Italia en Ayresome Park, que lle deu ao equipo norcoreano o histórico pase aos cuartos de final, sendo a primeira vez que o conseguía un equipo que non fose nin europeo nin iberoamericano. Disputou tamén o partido de cuartos contra Portugal, no que o seu equipo comezou gañando 3-0, ata que Eusébio anotou catro goles para darlle a volta ao marcador, pechando a remontada José Augusto cun quinto gol.[1]
En 2002 apareceu no documental The Game of Their Lives, do cineasta británico Daniel Gordon, no que se contaba a historia da selección norcoreana no Mundial de 1966.[2]
Despois da vitoria, Pak, que era cabo do exército norcoreano, foi ascendido a sarxento. Pouco despois deixou o exército e o fútbol e converteuse en profesor de ximnasia.
Durante o paso do facho olímpico por Pyongyang en 2008, foi o primeiro en transportar o facho.[3]
Notas