Pîhtokahanapiwiyin (en cree: ᐱᑎᐧᑲᐦᐊᓇᐱᐧᐃᔨᓐ), nado c. 1842 e finado o 4 de xullo de 1886, tamén coñecido como Poundmaker, foi un xefe cree das chairas coñecido por ser un pacificador e defensor do seu pobo, a Nación Cree Poundmaker. O seu nome fai referencia á súa habilidade especial para conducir os bistontes aos recintos para a súa caza.
En 1885, durante a rebelión métis, a súa banda foi atacada por tropas canadenses e produciuse unha batalla. Despois de que a rebelión foi reprimida, rendeuse e foi condenado por traizón e encarcerado. Morreu de enfermidade pouco despois da súa liberación. En maio de 2019, o Primeiro Ministro canadense Justin Trudeau exonerou o xefe e pediu desculpas á Nación Cree Poundmaker.[1]
Legado
A Nación Cree Poundmaker persiste até o presente, preto de Cut Knife. O seu neto John Tootoosis, líder cree, e o seu bisneto, o actor Gordon Tootoosis, viviron na reserva.
Pîhtokahanapiwiyin aparece como líder cree no videoxogo Civilization VI, cuxa representación provocou as críticas dos membros da Nación Cree Poundmaker.[2] O videoxogo refírese a el polo seu nome anglicizado, Poundmaker.
Notas