Ousensa é un lugar da parroquia de Caleiro, do concello pontevedrés de Vilanova de Arousa. Segundo o IGE, en 2016 tiña 209 habitantes (109 mulleres e 100 homes), o que supón un continuo descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 240 veciños, e 2015, cando eran 260.
No muro dunha casa particular, xunto a outros elementos escultóricos tamén descontextualizados, atópase o panel dun baldaquino moderno que representa a adoración dos Reis.