Os vixilantes do Camiño é unha serie de televisión galega de 1999 con animación en 2D realizada pola Televisión de Galicia e producida por Miguelanxo Prado e Suso Iglesias. Está protagonizada polos personaxes do Xabarín Club e está inspirada no Camiño de Santiago. Componse de 13 episodios de 26 minutos e unha longametraxe de 80. Estreado en formato longametraxe o 17 de maio de 1999 na TVG e posteriormente en formato serie o 15 de maio do 2000 no Xabarín Club.
A serie tivo un custo de 400 millóns de pesetas, dos cales a produtora madrileña Milimetros S.A. achegou un 15-20%, o Xabarín Club un millón e medio de pesetas e o resto a TVG.
Sinopse
No ano 3000, o efecto de deterido do mal da pedra acabou con gran parte do patriomino mundial. O máis afectado foi o Camiño das Estrelas, que percorre Europa ata Santiago de Compostela.
A Dabondo Corporation aproveita esta situación para substituír os monumento por réplicas virtuais nun parque temático. Nunha vila no corazón de Galicia traen de volta os Vixilantes do Camiño, unha antiga orde que protexía o Camiño das Estrelas ante calquera ameaza. A famosa estrela, o "Xabarín" atópase nesta nova orde.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
Década de 1980 | |
---|
Década de 1990 | |
---|
Década de 2000 | |
---|
Década de 2010 | |
---|
Produción allea | |
---|
|