Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Os Casás.
San Xoán dos Casás é unha parroquia do concello de Cerdido, na comarca do Ortegal. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Poboación
Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 137 habitantes (70 homes e 67 mulleres), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 158 habitantes.
Xeografía
Os Casás está situada no extremo sueste do concello sobre a marxe esquerda do río Mera e na dereita do seu afluente o Casares. Os seus lindes son: polo nordeste a parroquia do Ermo separada polo río Mera; polo leste limita con Insua e coas Enchousas, separadas respectivamente polos ríos Mera e o seu afluente o Carballás. Polo oeste limita coas parroquias de Santa Cruz de Moeche e Labacengos separadas polo regato da Madeira e polo río Casás e este mesmo río sepáraa da parroquia da Barqueira.
Dende o monte Teixeiro, que é altura máis destacada desta parroquia óllase todo o seu territorio nun perímetro marcado case totalmente por regos e regatos.
A estrada de Espiñaredo pasa polo extremo suroeste da parroquia preto do campo da feira.
Patrimonio
A pequena igrexa está situada no lugar do Campo da Igrexa, ao lado está o campo da feira e no lugar de Riba hai un escolar de indianos.
Galería de imaxes da malla popular de 2009
Lugares e parroquias
Lugares dos Casás
Parroquias de Cerdido
Notas
Véxase tamén
Outros artigos