Os Areeiras de Catoira |
---|
Orixe | Catoira, Galiza, |
---|
Período | (1943-1980) |
---|
Xénero(s) | Música tradicional galega |
---|
Membros | Ramón, Tito e Agustín Sumay e Alfonso Díez |
---|
Os Areeiras de Catoira é un grupo musical de música tradicional galega formado na década dos anos 40 en Catoira.
Historia
Ramón Sumay formou o seu primeiro dúo de gaitas co seu mestre Agustín Lorenzo Loroño nos grupos Airiños de Campelo e Brisas do Río Ulla, aconsellado por Avelino Cachafeiro, e percorreu a xeografía galega ata o inicio da guerra civil española en 1936.
No ano 1940 retoma a actividade artística e forman o cuarteto Os Areeiras de Catoria, nome que facía referencia ao lugar do Areal de onde procedía a familia. A formación inicial se completaba con Tito Sumay (gaita), Agustín Sumay (caixa) e Alfonso Díez O Zapateiro. Posteriormente participarían tamén como bombeiros Eugenio Sumay, Pepe O carreiro e Manuel Isorna Castro.
Compartiron escenarios cos Os Gaiteiros de Soutelo de Avelino Cachafeiro e cos Os Campaneiros de Vilagarcía, e están considerados como un dos grupos importantes da tradición gaiteiril galega.
Membros
- Ramón Sumay, gaita
- Tito Sumay, gaita
- Agustín Sumay, caixa
- Alfonso Díez O Zapateiro, bombo
Discografía
Álbums
*
|
Os Areeiras
|
(2005)
|
Disco editado a partir de gravacións históricas do grupo.
|
Véxase tamén
Bibliografía
- Navia, X.M; García, F.J. (2005). Gaiteiros do areal. O legado dos areeiras de Catoria. Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-331-9.
- Ameneiro Piña, Xosé. Agustín Lorenzo Loroño. O Gaiteiro de Catoira. Edicións do Cumio. ISBN 978-84-8289-272-6.