Orotz-Betelu (en castelán e tamén oficial: Oroz-Betelu) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na comarca de Auñamendi e a 45 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 165 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 23,46 km² e a súa densidade de poboación é de 7,03 hab./km².
Símbolos
O escudo de armas do lugar de Orotz-Betelu ten o seguinte brasón:
Trae de goles e dúas palmas de ouro cruzadas en sotuer.
As palmas simbolizan a fidelidade no cumprimento do deber e proceden da parroquia de San Adrián onde figuraba gravado no seu retablo. Foi adoptado no ano 1845 ó separarse val de Arce e até esa data empregou o escudo dese val.[1]
Xeografía
Situación
A localidade de Orotz-Betelu está situada na parte norte de Navarra, dentro da rexión xeográfica da Montaña de Navarra, a comarca xeográfica de Auñamendi; e a unha altitude de 599 msnm. O seu termo municipal ten unha superficie de 23,46 km² e limita polo norte co concello de Garralda, polo leste co de Garaioa; e polo sur e oeste co de Arce.[2]
Relevo e hidrografía
A localidade atópase entre montañas, destacando a carballeira existente xa que é unha das fragas de maior interese en Europa e o máis importante de toda a Península Ibérica na súa especie. A árbore que predomina é o carballo, aínda que se trata dun bosque mixto no que se pode atopar tamén outras especies como faias, bidueiros, castañeiros, cereixeiros silvestres e un abondoso baixobosque de buxo común.[3]
Notas
↑OTAZU RIPA, Jesús Lorenzo (1999). Navarra - Temas de Cultura Popular n.º 289, Heráldica Municipal de la Merindad de Sangüesa II. Goberno de Navarra. ISBN84-235-0076-4.
↑Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Navarra (ed.). "Artículo de Oroz-Betelu". Gran Enciclopedia Navarra. Consultado o 31 de xaneiro de 2012.