Doneztebe (en éuscaro; en castelán: Santesteban, e oficialmente Doneztebe/Santesteban) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Pamplona, na bisbarra do Alto Bidasoa e a 53 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2014 foi de 1 644 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 8,6 km² e a súa densidade de poboación é de 191,16 hab/km².
O concello pertence á zona vascófona de Navarra polo que tanto o éuscaro como o castelán son cooficiais. A porcentaxe de falantes de éuscaro era de 69,15% no ano 2001.
Nas eleccións municipais celebradas en 2007, o único partido que presentou lista neste concello foi Eusko Alkartasuna. Polo tanto, con 594 votos e un 84'2%, acadou os 9 concelleiros do concello.