O proxecto coñécese dentro da súa comunidade de desenvolvemento como un proxecto orientado a ser de código aberto, ter boa documentación, manter a corrección no código fonte, auditar a calidade do código e ofrecer seguridade. Ata 2018, en 22 anos de existencia, só se lle atoparon dúas vulnerabilidades empregando as súas opcións por defecto da instalación. Mantén unha política estrita de licenzas e prefire o uso da licenza ISC e outras variantes da licenza BSD simplificada.
O coordinador do proxecto desde o seu comezo ata o 2018 foi De Raadt, que traballa desde Alberta, Canadá. A mascota do proxecto é un peixe tetraodóntido que ten o alcume de Puffy.
Historia
OpenBSD é unha bifurcación, fork, de NetBSD deuse por mor de diverxencias[1] entre Theo de Raadt e os outros fundadores do proxecto NetBSD.
Versión
A versión actual é 6.3 foi publicada en abril de 2018. Incluíu melloras no soporte de hardware, en vmm, na implementación da wifi IEEE 802.11 e outras melloras nas conexións á rede, daemons de routing e melloras na seguridade do sistema.[2]