O mar e as ondas aparecen en varias cantigas de Codax, como "Ay ondas que eu vin veer", e a vila de Vigo aparece tamén na composición "En o sagrad'en Vigo". Aparecen varios tópicos da cantiga de amigo, como o propio amigo ausente, ou os elementos da natureza como confidentes. Ao estar relacionada co mar, pertence ao subxénero da barcarola. Formalmente está formada por catro estrofas de tres versos. Ten paralelismos, leixaprén e refrán.