Olláparo (revista)

Olláparo
PaísEspaña
LugarCedeira
Lingualingua galega
Fundación1984
editar datos en Wikidata ]

Olláparo, co subtítulo Revista da Sociedade Cultural Chirlateira é unha revista de información e creación fundada en Cedeira co obxectivo de revitalizar, dende unha perspectiva local, o pensamento crítico e os estudos cedeirenses logo da ditadura franquista, con especial atención á memoria histórica, á normalización lingüística e á recuperación cultural. O deseño integral de cada portada por un ilustrador foi un dos seus sinais de identidade. Publicouse de forma irregular dende 1984 a 1999 en Gráficas Paramés e Gráficas Adral e dende 2011 ten formato dixital.

Características

A versión en papel estivo coordinada en diferentes etapas por X. A. Villar Piñón, Xosé A. Brocos e Vicente Loureiro e contou cun comité de redacción composto por Xosé F. Nebril, Fernando Igrexas, Gabriel Beceiro e Bernardo Bereijo, entre outros. O seu depósito legal é C-549/84, e o seu obxectivo vai ser a divulgación da creación cultural, dende unha perspectiva galeguista, crítica e independente.

Os primeiros números da revista van ser ilustrados por diversos artistas, como Laxeiro, Permuy, Siro, Masito ou Rafael L. Loureiro, e contou coa colaboración de escritores e intelectuais galegos como Xosé Luís Méndez Ferrín, Montero Santalha, Carvalho Calero, Ramón Martínez López, Xosé Neira Vilas, Carlos Casares, o poeta Henrique Rabuñal, os historiadores Felipe Senén e Elixio Villaverde, o economista Xosé Manuel Beiras Torrado, o cineasta Chano Piñeiro, o arqueólogo Emilio Ramil entre outros autores cedeireses. Presenta ademais estudos locais do historiador Rafael Usero.

En formato electrónico, está coordinada dende Xirona por Gabriel Beceiro e dende Cedeira por Fernando Igrexas. Este novo Olláparo retoma a liña editorial da primeira xeira dende unha perspectiva altermundista que tenta ensarillar o local e o global.

Números

  1. Portada Laxeiro/ Xosé Luís Méndez Ferrín (1984).
  2. Portada Masito / Manuel María Carlos Casares (1984).
  3. Portada Siro / Carvalho Calero. Retrato de Ramón Martínez López feita por Luis Seoane (1985-86).
  4. Portada Quintana-Martelo / Avelino Pousa Antelo / Francisco Rodríguez (1986).
  5. Portada Permuy.
  6. -
  7. -
  8. -
  9. Rafael L. Loureiro (1988)
  10. -
  11. Portada Rafael L. Loureiro / (1987)
  12. 12.

Como proxecto dixital "Ollaparo" deu comezo en 2011 con Ollaparo. Blogue e co proceso de dixitalización retrospectiva.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas