Oleg Stepánovich Vyálov (grafado ás veces como Oleg Stepanovich Vialov), en ruso Оле́г Степа́нович Вя́лов, nado en Taskent, Imperio Ruso o 23 de xaneiro de 1904 e finado en Lviv, Ucraína o 1 de xuño de 1988,[1] foi un xeólogo, paleontólogo e taxónomo ucraíno, especializado no estudo dos moluscos bivalvos.
Traxectoria
É coñecido por ser o descritor da familia dos grifeidos, e de varios outros taxons de moluscos bivalvos.[2]
Foi elixido en 1948 membro da Academia de Ciencias da República Socialista Soviética de Ucraína.[1]
Está enterrado no cemiterio Lychakivskiy de Lviv.[1]
Premios
- Premio Stalin
- Premio Estatal de Ucraína en Ciencia e Tecnoloxía
- Científico de Honor de Ucraína
- Orde de Lenin
- Orde da Insignia de Honra
- Medalla do Mérito de Traballo da Gran Guerra Patriótica 1941-1945
- Medalla Pola Defensa de Leningrado
- Orde da Amizade dos Pobos
Abreviatura
A abreviatura Vialov emprégase para recoñecer a Oleg Stepánovich Vyálov como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas