A Oficina Filatélica e Numismática da Cidade do Vaticano (en italiano: Ufficio Filatelico e Numismatico) é a entidade responsable da emisión dos selos postais e das moedas da Cidade do Vaticano.[1]
Produtos
Aínda que os selos vaticanos só se poidan usar dentro da Cidade do Vaticano e que a cantidade de moedas dese Estado que se cuñan anualmente sexa moi limitada (por exemplo: o valor total das moedas emitidas en 2002 estivo restrinxido a 310.400 euros), as moedas e os selos do Vaticano convertéronse un importante sinal de soberanía deste microestado, e a súa escaseza fixo que se convertesen en pezas moi populares entre os coleccionistas numismáticos e filatélicos.[2][3]
Malia ser a autoridade emisora, o Ufficio non se encarga da cuñaxe das moedas vaticanas, senón que é o Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato, de Italia, quen se ocupa dese labor. Isto é así en virtude dun tratado monetario asinado anteriormente coa República Italiana, que foi asumido tamén pola Unión Europea, que recoñece o euro como moeda propia da Cidade do Vaticano.[6][7][8]