O xastriño valente é o conto de fadas número 20 dos irmáns Grimm[1], polas súas colleitas de contos de tradición oral que tornaron en contos infantís.
Resumo do conto
Un xastre estaba sendo molestado por sete moscas mentres traballaba e decidiu acabar con elas, e o fixo dunha soa vez. Orgulloso da súa proeza, pois non é cousa doada, fiou unha cinta onde puxo Sete dun golpe, e decidiu que o mundo debía saber da súa proeza, e votou a andar. No camiño, atópase cun xigante que, pensando que a frase refírese a homes en vez de moscas, lle mostra respecto. Pero o xigante pono a proba en numerosas ocasións, das que o xastreciño valente sae indemne grazas ó seu enxeño. Despois de desfacerse del, chega a un reino onde a frase Sete dun golpe é interpretada como o lema dun poderoso guerreiro, e impresionados, encárganlle liberar a rexión de dous xigantes, un unicornio e un temíbel xabaril que teñen asustados os seus habitantes. En troques recibirá a metade dun reino e a man dunha princesa. Empregando novamente a súa intelixencia, o xastreciño valente supera os retos que enfronta conseguindo despois a súa recompensa.
Adaptación da Disney
Mickey Mouse aparece no filme de debuxos animados da Disney Brave Little Tailor baseado neste conto.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos