O príncipe ra é un conto de fadas tradicional, coñecido pola versión dos irmáns Grimm.
Resumo do conto
Unha princesa ten unha bóla de ouro que ama, pero un día, xogando ó redor dunha fonte, cáeselle nela. Para recuperala fai un pacto cunha ra: esta traeralle a bóla e, en troco, a princesa será a súa amiga e levarana ó palacio. Pero a princesa, cando xa tivo o que quería, esqueceuse da súa promesa, polo que a ra foi a palacio a pedir que a cumprira. A princesa tivo que facelo porque así o ordenou o seu pai, pero todo cambia cando descobre que a ra é realmente un príncipe encantado.
Véxase tamén
Outros artigos