O país dos soños[2] (en inglés: Slumberland) é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Francis Lawrence e escrito por David Guion e Michael Handelman. Baséase na tira cómica Little Nemo in Slumberland de Winsor McCay, e está protagonizado por Jason Momoa, Chris O'Dowd, Kyle Chandler, Weruche Opia e Marlow Barkley como Nemo.[3] Conta a historia dunha nena que marcha vivir co seu tío logo de que o seu pai desaparecese no mar. A nena entra en Slumberland onde se fai amiga dun personaxe renegado que está involucrado nun complot para chegar ao Mar dos Pesadelos e conseguir unha perla especial que pode ter o poder de reunila co seu pai.
O país dos soños estreouse o 18 de novembro de 2022 a través de Netflix, onde conta cunha versión subtitulada en galego.[4] Recibiu valoracións dispares por parte da crítica.
Personaxes
- Marlow Barkley como Nemo[5]
- Abigail White works como dobre de Nemo
- Jason Momoa como Flip[5]
- Chris O'Dowd como Philip
- Cameron Nicoll como Phillip de neno
- Kyle Chandler como Peter
- Antonio Rane Pastore como Peter de neno
- Weruche Opia como Axente Green
- India de Beaufort como Ms. Arya
- Yanna McIntosh como Carla
- Izaak Smith como canadense
- Michael Blake como contable
- Humberly González como Graciela
- Ava Cheung como Ho-Sook
- Leslie Adlam como Axente Brown
- Jamillah Ross como Axente Orange
- Tonya Cornelisse como Axente Red
- Katerina Taxia como Janice
Notas
Véxase tamén
Outros artigos