O ganso salvaxe

O ganso salvaxe
Título orixinalGan
Autor/aMori Ōgai
OrixeXapón
LinguaXaponés
Xénero(s)Novela
Data de pub.1911-1913
Primeira edición galega
TraduciónGabriel Álvarez Martínez
EditorialIrmás Cartoné
Data de pub.2021
editar datos en Wikidata ]

O ganso salvaxe (xaponés: gan 雁) é unha novela clásica de Mori Ōgai, publicada orixinalmente de forma serializada entre o 1911 e o 1913.[1] Conta a historia dun amor non correspondido no Toquio do 1880, en plena occidentalización do Xapón.[1] A obra contén comentarios sobre os cambios sociais acontecidos entre os períodos Edo e Meiji, incluíndo os dilemas e frustracións das mulleres.

Sinopse

Suezo é un prestamista canso da súa esposa. Otama, a única filla dun comerciante viúvo, convértese na amante de Suezo para axudar economicamente ao pai. Cando Otama descobre que está casado, séntese traizoada. Entón, coñece a Okada, un estudante de medicina do que se namora.

Adaptacións

A novela foi adaptada nunha película homónima do 1953 dirixida por Shirō Toyoda, na que actuou Hideko Takamine.[2]

Traducións

Notas

  1. 1,0 1,1 Murphy, Bruce (1987). Benét's Reader's Encyclopedia (en inglés). Harper & Row. ISBN 978-0-06-181088-6. 
  2. Toyoda, Shirô (1959-02-02). "Gan". Consultado o 2024-02-26. 
  3. "O ganso salvaxe, de Mori Ogai – Irmás Cartoné". Consultado o 2024-02-26. 

Véxase tamén

Ligazóns externas