O fénix na espada (titulado orixinalmente en inglés The Phoenix on the Sword) é un relato de espada e bruxaría que o escritor estadounidense Robert E. Howard escribiu en febreiro de 1932. Publicado por primeira vez pola revista pulp Weird Tales en decembro dese mesmo ano, foi o relato de Howard co que por primeira vez a revista Weird Tales presentaba ó público o hoxe en día soado personaxe de ficción Conan o bárbaro.
Foi traducido ó galego por Tomás González Ahola e foi publicado dentro da colección "Conan IV" de Urco Editora no ano 2016.[1]
Sinopse
A historia comeza cun Conan de idade madura, gobernando xa o reino de Aquilonia despois de que lograse matar no seu trono ó tirano Numedides, aínda cando prefire utilizar a súa espada en combate que encargarse de aburridos asuntos administrativos. Aínda que aclamado en principio por lograr liberar o pobo de Numedides, axiña a poboación vólvese contra Conan por ser estranxeiro e unha estatua do rei é colocada no templo do divos Mitra e réndeselle culto.
Decididos a conspirar contra Conan para entregarlle a coroa a alguén de sangue aquilonia fórmase un grupo chamado Os Catro Rebeldes conformado por Volmana, o anano conde de Karaban; Gromel, o xigantesco comandante da Lexión Negra; Dion, o gordo barón de Attalus; e Rinaldo, o xograr disparatado. Os catro recrutan ó fuxido sureño Ascalante quen secretamente quere o trono para si mesmo. Ascalante ten un significativo escravo estixio, o mago caído Thoth-Amón quen tempo atrás perdeu o seu anel máxico, fonte do seu poder, que lle foi roubado por un ladrón e que agora é perseguido polo resto dos magos estixios que queren acabar con el.
Notas