O delator (en inglés : The Informer ) é un filme estadounidense de 1935 dirixido por John Ford . O filme está ambientado na guerra civil irlandesa de 1922 . O guión , escrito por Dudley Nichols , baséase na novela homónima do seu primo Liam O'Flaherty , quen participou activamente na loita pola independencia de Irlanda. O filme gañou catro premios Óscar: mellor dirección (John Ford), mellor actor (Victor McLaglen ), mellor guión (Dudley Nichols) e mellor música (Max Steiner ).
Foi emitido na TVG o 5 de setembro de 2015.[ 2]
Argumento
DublÃn , década de 1920 . Gypo entrega o seu mellor amigo, compañeiro do IRA , a cambio de vinte libras para unha pasaxe aos Estados Unidos para el e a súa moza. Ademais de ver o seu amigo morto, pasa a ser perseguido pola banda como traidor.
Elenco
McLaglen e Grahame
Recoñecementos
Graham Greene eloxiou o filme nun artigo para The Spectator en 1935 describÃndoo como "un filme memorable", cuxa substancia supón "material soberbio para a pantalla". Greene destacou especialmente a interpretación de Victor McLaglen, indicando que "nunca tivera unha actuación máis talentosa".[ 3]
Premios
Notas
↑ 1,0 1,1 Jewel, Richard. 'RKO Film Grosses: 1931-1951', Historical Journal of Film Radio and Television , Vol 14 No 1, 1994, p55.
↑ La Voz de Galicia , 5 de setembro de 2015. Páx. 54
↑ Greene, Graham (11 de outubro de 1935). "Anna Karenina/The Informer". The Spectator . (reimpreso en: John Russel, Taylor, ed. (1980). The Pleasure Dome . p. 26 . ISBN 0192812866 . )
Véxase tamén