O bico mortal (en inglés: Kiss Me Deadly) é un filme estadounidense de 1955 producido e dirixido por Robert Aldrich. Está protagonizado por Ralph Meeker. O guión foi escrito por A.I. Bezzerides, baseado na novela de misterio de Mickey Spillane Kiss Me, Deadly. O filme foi distribuído por United Artists. O bico mortal recadou $726 000 nos Estados Unidos e outros $226 000 no resto do mundo. O filme tivo que padecer o escrutinio da Comisión Kefauver, que o calificou como "deseñada para arruinar os mozos televidentes", polo que o director Aldrich protestou polas conclusións da Comisión.
O bico mortal supuxo o debut das actrices Cloris Leachman e Maxine Cooper.[3] En 1999, O bico mortal foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos por ser "cultural, histórico ou esteticamente significativo".
Estreouse en galego o 28 de marzo de 1998 a través da TVG.[4]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Parish, James Robert e Michael R. Pitts. The Great Science Fiction Pictures. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland & Company, 1977. ISBN 0-8108-1029-8.
- Strick, Philip. Science Fiction Movies. Londres: Octopus Books Limited, 1976. ISBN 0-7064-0470-X.
- Warren, Bill. Keep Watching The Skies: Science Fiction Films of the Fiftees Vol I: 1950–1957. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland & Company, 1982. ISBN 0-89950-032-3.
Ligazóns externas