O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro[1] (en francés: L'Anniversaire d'Astérix et Obélix - Le Livre d'or) é o trixésimo cuarto volume da serie de banda deseñada Astérix, deseñado e escrito por Albert Uderzo. O libro tamén inclúe historias de Astérix que foron creadas conxuntamente con René Goscinny. O álbum, que celebra o 50 aniversario da creación da serie, foi publicado orixinalmente en francés o 22 de outubro de 2009. O álbum comeza cun prefacio onde Uderzo responde ás críticas do seu traballo en solitario, especialmente do álbum anterior, Le Ciel lui tombe sur la tête. Tamén aclara que O libro de ouro non é unha única historia, senón unha sucesión de historias curtas que celebran o 50 aniversario dos heroes.
Foi traducido ó galego por Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto e publicado pola editorial Bruño en outubro de 2009.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Álbums | |
---|
Outros libros | |
---|
Filmes | |
---|
Series de televisión | |
---|
Videoxogos | |
---|
Personaxes | |
---|