O Navallo é un lugar da parroquia do Castro de Laza, no concello ourensán de Laza, na comarca de Verín. Segundo o INE[1] e o IGE[2] en 2011 tiña 26 habitantes (once homes e quince mulleres), a mesma cantidade ca en 2010 e 2009.
Toponimia
O topónimo O Navallo é un orónimo que procede da voz *Navaculu, á súa vez do termo prelatino *nava co sufixo diminutivo latino -aculu, referido a pequeno val ou terreo pantanoso.[3]
Lugares e parroquias
Lugares do Castro de Laza
Parroquias de Laza
Notas