O Mozo Azul é a obra máis famosa de Gainsborough e crese que é un retrato de Jonathan Buttall (1752-1805), fillo dun rico comerciante, aínda que non chegou a ser demostrado. Trátase dun retrato, á vez que un estudo histórico do vestiario dos mozos do século XVIII. Considérase que foi unha homenaxe de Gainsborough a Anton van Dyck; en particular está moi próximo ao retrato de Carlos II cando era neno realizado por Van Dyck, e que seguramente Gainsborough descubriu xunto coa pintura de Rubens nas coleccións do castelo de Wilton que visitou co seu amigo e mecenas Philip Thicknesse.[1]
Hai indicios de que Gainsborough xa pintara algo no lenzo antes de comezar O Mozo Azul. A pintura está realizada nun lenzo bastante grande para un retrato, pois mide 177,8 cm de altura por 112,1 cm de largo. Atópase na Biblioteca Huntington, en San Marino, California.[2]
Todos eses arañazos e eses sinais estraños que, de miralos de preto, son tan perceptíbeis nos cadros de Gainsborough e que mesmo a pintores experimentados lles parecen máis ben o efecto do azar que o resultado dunha intención, ese caos, ese aspecto repelente e informe, por unha especie de maxia toma forma a certa distancia, e todas as partes parecen pórse no seu sitio, de xeito que podemos deixar dificilmente de recoñecer o pleno efecto da aplicación baixo a aparencia do azar, da présa e da neglixencia [...] Temos que convir en que os toques cortados de Gainsborough contribuíron moito á lixeireza de efecto que constitúe unha beleza notábel das súas pinturas.[1]
Percorrido da pintura
A pintura estivo en posesión de Jonathan Buttall, ata que se declarou en bancarrota en 1796. Foi comprada entón polo político John Nesbitt e en 1802, polo retratista John Hoppner. Arredor de 1809, O Mozo Azul entrou na colección do conde de Grosvenor onde se conservou ata que un dos seus descendentes, o segundo duque de Westminster o vendeu ao mercador de arte Joseph Duveen en 1921.[4]
Nunha medida que provocou unha protesta pública en Gran Bretaña, foi vendido ao empresario Henry Edwards Huntington da American Railway por 728800 dólares, segundo o acordo co marchante Duveen, un prezo entón récord para calquera pintura.[6] De acordo cunha nova en The New York Times, do 11 de novembro de 1921,[7] o prezo de compra foi de 640 000 dólares, uns oito millóns de 2010.[8] Antes da súa partida a California en 1922, O Mozo Azul foi exposto brevemente na National Gallery de Londres, onde foi visto por unhas 90 000 persoas, e o director da Galería, Charles Holmes, escribiu unhas palabras de despedida na parte posterior da pintura: «Au Revoir, C.H.»[9]
Foi este cadro o que inspirou o artista pop Robert Rauschenberg á súa dedicación á arte da pintura.[10] Atópase colocada na Biblioteca de Huntington enfronte do cadro Pinkie do pintor Thomas Lawrence.
Na cultura popular
No filme de Quentin TarantinoDjango Unchained, a personaxe principal, Django, un escravo liberado, escolle un traxe idéntico ao que leva o protagonista de O Mozo Azul.[11]
A pintura vese no filme Batman (1989) colgada no museo de Gotham e de novo en Joker, nunha versión pequena no apartamento do Joker.
↑Bock, Hans-Michael (2009). Hans-Michael Bock, Tim Bergfelder, ed. The concise Cinegraph: encyclopaedia of German cinema. Berghahn Books. p. 334. ISBN978-1-57181-655-9.