O Mono da tinta foi unha revista do século XX, concretamente do ano 1987, fundada e dirixida por Carlos Quiroga e editada en Santiago de Compostela. A súa temática era principalmente cultural, na que destacaban contidos humorísticos, literarios, reivindicativos e artísticos. Apareceron tan só catro números, rematando en 1991.
Exemplares e contido
A revista constou de catro números.
Número 1
O primeiro exemplar publicado na primavera de 1987 presenta os seguintes apartados:
Número 2
O segundo en outono dese mesmo ano contén os seguintes apartados:
- Travesía en Istambul escrita por Xabier Quiroga (páxinas 4-6)
- Un relato chamado Un home escrito por Antón Risco e ilustrado por Pepe Bouzas (páxina 6)
- Artigo escrito por Xabier Quiroga, titulado “Eh, poetas...! Eh, literatos...! ...é para ser lida que a literatura se escrebe!” (páxinas 7-8)
- Texto humorístico, “Miguélez” escrito por Pepe Fernández Castro (páxina 9)
- Unha entrevista a José Saramago con motivo do Segundo Congreso da Lingua Galego-Portuguesa na Galiza (páxinas 10-13)
- Segunda entrega “Del tamaño del universo” (páxinas 14-16)
- Artigo escrito por António Jorge Pacheco “Da portugalidade como uma das belas artes” (páxinas 17-18) “Lidia”, texto narrativo escrito por Pepe Fernández Castro (páxina 19)
- Texto narrativo escrito por Camilo Franco “Natureza morta con retrato de muller ó fondo” (páxinas 20-21)
- Relatos breves en portugués escritos por varios autores e comentados por Román Ranha Lama en Vigo (páxinas 22-24)
- Selección de varios poemas de autoría varia (páxinas 25-31)
- Recomendación de revistas e libros recebidos (páxinas 32-34)
Número 3
No terceiro número no inverno do 1988/1989 encóntranse os seguintes apartados:
- Travesías (Diário de Viaxe), 18 crónicas escritas en varios idiomas e por diversos autores (páxinas 2-7)
- Descrición de Praga, “Sombras de Bohemia” (páxinas 8-12)
- Textos de contido erótico (páxinas 13-15)
- Texto en portugués de Luís Alves da Costa, Xaneiro do 88 (páxina 16)
- “Gloria i infortuni del music Christian Hermann Weininger (1771-1824) (biografía breu)” escrita en catalán por J. Emilio Bayo (páxinas 17 e 20)
- Descrición de Lisboa (páxinas 18-19)
- Conto “Alicia tras do espello” escrito por Manoel Cortés (Ronseltz) (páxina 20)
- Capítulo do libro En Behaver Canyon agardate unha tumba de Víctor Santos Exposito (páxina 22)
- Relato de J. Emilio Bayo Ernestina “La Dolça” Monja (páxinas 22-23)
- Selección de poemas (páxinas 24-31)
- Artigo sobre Fernando Pessoa (páxina 32)
- Comentarios en galego sobre varios libros (páxina 33-34)
- Livros recebidos (páxina 35)
- Ilustracións (páxina 36)
Número 4
E o último do verán/inverno de 1991 presenta os seguintes apartados:
- Entrevista a Herminio H. en portugués (páxinas 4-8)
- Fragmento en alemán (páxina 8)
- “A água” retransmisión dun programa de radio (páxinas 9-14)
- Anuncio de protesta por falta de cine e literatura en galego (páxinas 15-16, 49-50)
- Continuación “A água” (páxinas 18-29)
- Fotografía (páxina 30)
- Memoria despois de pasar tempo en territorios palestinos ocupados por Israel escrito por Chus (páxina 31-38)
- Ilustración de Armindo S. 1989 Portugal (páxina 39)
- Críticas de libros por Xavier Lorenzo Tomé, Ourense 1988 (40-42)
- Fotografía “A relixión do sistema” (páxina 43)
- Cartas en galego e portugués (páxinas 44-47)
- Ilustracións sobre libros recibidos (páxina 48)
- Relatos e prosas escritas por varios autores (páxinas 51-53)
- “Escolhas” selección de relatos de varios autores (páxinas 54-58)
- Anuncio sobre “I Prémio de novela negra «Como fazer o mono» e bases do concurso (páxina 59)
- Ilustracións e un apartado sobre o adianto do seguinte número, que nunca foi publicado (60-62)
Hai que destacar que este número non conta cun índice como os exemplares anteriores.
- O tamaño das revistas é diferente
- No terceiro número o título aparece no lado, e nas outras sitúase arriba
- O prezo entre as revistas varía, aumenta do primeiro ao último
- Todas as revistas contan cun índice excepto a cuarta
- O número de páxinas varía, o primeiro número conta con 31 páxinas; o segundo con 33; o terceiro con 35 e o último con 61.
Lingua e estilo
- Encóntrase unha variedade de linguas e rexistros lingüísticos
- Os poemas están escritos nun rexistro culto mentres que os relatos, travesías ou diarios de viaxe presentan un ton máis informal.
- As entrevistas presentan un ton formal.
- As columnas de opinión e os comentarios de libros, aparecen nun rexistro culto, mentres que en outros apartados, como os de correspondencia dos lectores, aparecen mesturados varios rexistros, indo do formal ao vulgar.
- Hai textos en varios idiomas, non só en galego senón tamén en portugués, español, éuscaro, catalán, alemán...
Colaboradores
Carlos Quiroga, Xabier Quiroga, Manuel María, Ramón Varela, Antón Risco, Celeste Craveiro, Miguel Anxo Fernán Vello, Carvalho Calero, Lois Diéguez, José Antonio Simoes, Agenor Frade, Román Raña Lama, Paco Castro, Iñigo Arranbari, Pedro Piñeiro, Tino Viz, Carmelo Parrado, Masito, Carlos García Villar, Santiago Vidal, Francisco Albo García, Ramón Varela, entre outros.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos