O Congreso de París (Dubufe)

O Congreso de París
ArtistaEdouard Dubufe
Data1856
TécnicaPintura ó óleo
Dimensións308 cm × 510 cm
LocalizaciónPalacio de Versalles (Versalles, Francia)

O Congreso de París é unha pintura ó óleo realizada en 1856 polo pintor francés Édouard Dubufe.[1] Está exposta no Palacio de Versalles. A pintura mostra unha das reunións que tiveron lugar en París entre o 25 de febreiro e 30 de marzo de 1856 para asinar a paz da Guerra de Crimea.

Historia

Entre outubro de 1853 e febreiro de 1856 tivo lugar a Guerra de Crimea que enfrontou a alianza formada polo Imperio Británico, o Segundo Imperio Francés, o Imperio Otomán e o Reino de Sardeña contra o Imperio Ruso para frear a expansión destes, así coma a súa influencia nos Balcáns. Tras varias batallas célebres, como o sitio de Sebastopol, a batalla de Balaclava ou a batalla de Inkerman e constatada a derrota dos rusos, as potencias vencedoras reuníronse en París para asinar o tratado que poñía fin ao conflito.

Descrición do cadro

O cadro mide 380 cm x 510 cm. A pintura mostra aos ministros plenipotenciarios dos países relacionados coa guerra, así como o de Prusia, que aínda que non participou, foi convidado a participar nas conversas.[2].

Os personaxes que aparecen representados no cadro son:

Primeira fila (dereita a esquerda)[2]
Nome Retrato Plenipotenciario de
Aleksei Feodorovich Orlov Imperio Ruso
Karl Ferdinand von Buol Imperio Austrohúngaro
Henry Wellesley Imperio Británico
Camillo Benso Reino de Sardeña
Segunda fila (dereita a esquerda)[2]
Mehmed Emin Aali Pasha Imperio Otomán
George Villiers Imperio Británico
Vincent Benedetti Francia Segundo Imperio Francés
Mehemmed Djemil Bey Imperio Otomán
Alexandre Colonna-Walewski Francia Segundo Imperio Francés
Edwin Freiherr von Manteuffel Reino de Prusia
Joseph Alexander Hübner Imperio Austrohúngaro
François-Adolphe de Bourqueney Francia Segundo Imperio Francés

Notas

  1. "Joconde - Portail des collections des musées de France". Consultado o 20 de xuño de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "The Congress of Paris, 25 February – 30 March 1856" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2016. 

Véxase tamén