Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Cerqueiro.
O Cerqueiro é un lugar da parroquia de Baldráns, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 86 habitantes (43 homes e 43 mulleres), a mesma cantidade ca no ano 2000.
Toponimia
Cerqueiro é topónimo derivado do latín CERQUARIU,[1] unha especie de carballo caducifolio, tamén coñecida como cerquiño.
Patrimonio
Neste barrio foron atopados de maneira casual varios bifaces de tipoloxía paleolítica (seixos de cuarcita tallados en ambas as caras). O barrio conta cun muíño, o muíño de Nogueira[2].
Economía e agricultura
O barrio está situado na Denominación de Orixe Protexida Rías Baixas, concretamente dentro da área do Condado do Tea. Na actualidade hai dúas adegas comerciais activas no barrio.
Lugares e parroquias
Lugares de Baldráns
Parroquias de Tui
Notas
Véxase tamén
Outros artigos