A Carballiza é un lugar da parroquia de Baldráns, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 36 habitantes (21 homes e 15 mulleres), tres menos ca no ano 2000.
Patrimonio
O elemento histórico máis sobranceiro deste barrio é o pazo homónimo, actualmente moi alterado[1], de influencias arquitectónicas portuguesas. Preto do pazo hai un muíño e o Penedo da Malladoura[2]. Neste barrio celébrase a tradicional Romaría do Polbo[3].
Lugares e parroquias
Lugares de Baldráns
Parroquias de Tui
Notas