Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Atrio.
O Atrio é un lugar da parroquia de Areas, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 49 habitantes (22 homes e 27 mulleres), un aumento de 18 habitantes respecto ao ano 2000.
Toponimia
O barrio tamén é nomeado nalgunhas fontes coma O Adro[1].
Patrimonio
Este barrio é o tradicional centro relixioso da parroquia de Areas. A igrexa parroquial (adicada a santa Mariña) é de orixe baixomedieval, aínda que a maioría do edificio actual é da idade moderna. Tamén da idade moderna é a reitoral que se atopa na mesma praza[2].
Lugares e parroquias
Lugares de Areas
Parroquias de Tui
Notas