Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Anta.
Anta é un lugar da parroquia de Areas, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 189 habitantes (92 homes e 97 mulleres), un descenso de 3 habitantes respecto ao ano 2000.
Toponimia
O topónimo Anta é bastante antigo, aparece por primeira vez nun documento de 1095. É moi probábel que faga referencia á presenza de mámoas ou túmulos funerarios[1]. Curiosamente o lugar de Anta é mencionado antes na documentación histórica ca parroquia de Areas, á que pertence (citada por primeira vez no ano 1112)[2].
Patrimonio
A nivel patrimonial destaca a Pedra do Aire, localizada nos montes adxuntos ao barrio, que conta cunha cruz latina gravada na pedra de orixe medieval, e a mámoa de Seixos Albos[3].
Lugares e parroquias
Lugares de Areas
Parroquias de Tui
Notas